Microsoft estrea un rato para gamers en China

luns, 3 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Sen mediar presentación, na tenda en liña chinesa de Microsoft apareceu o Pro IntelliMouse, un rato informático de cable, cun prezo de 399 iuans (50,59 euros), que iría destinado principalmente aos usuarios gamer, como pode notarse pola personalización dos seus dous botóns laterais, o seu deseño ergonómico antideslizante e a súa iluminación personalizables.
Este rato USB 2.0 ten unhas medidas de 132 x 69 x 43 milímetros, pesa 104 gramos (sen cable) e un sensor PixArt PAW 3389 PRO-MS cunha definición de entre 200 e 16.000 puntos por polgada. Queda agora por ver se tardaremos moito en velo dentro do catálogo europeo de accesorios de Microsoft, no que os produtos optimizados para xogar no ámbito do PC non son moi habituais (aínda que iso podería mudar agora que a Xbox One é compatible con teclado e rato).

PUBLICIDADE