Microsoft estrea unha aplicación que narra a invidentes o que capta a cámara do iPhone
xoves, 13 de xullo do 2017
Microsoft vén de estrear
na App Store unha aplicación de balde e con grandÃsima utilidade, que polo
momento só está dispoñible en inglés, pero que demostra unha das aplicacións
máis prácticas que podemos ver da intelixencia artificial: o recoñecemento de
imaxes para axudar a persoas con eivas visuais.
A nova aplicación móbil chámase Seeing AI: Talking Camera for
the Blind, ou sexa, que é unha cámara falante para invidentes, que
empregando a cámara do smartphone como uns ollos artificiais pode narrar o que
ten diante, de xeito que ao usuario cego ou con grandes problemas de visión
pode indicarlle quen e a persoa que ten diante e as súas emocións, describir
escenas (función aÃnda experimental), identificar cartos (funcionalidade que
estará dispoñible en breve), recoñecemento de produtos (facilita o escaneo dos
seus códigos de barras para facilitar a súa identificación) e tamén permite
escanear documentos de texto (recoñecendo o texto) e ler en voz alta pequenos
textos que aparezan fronte a cámara (como poden ser carteis indicativos).
Cómpre lembrar que esta tecnoloxÃa dista moito de ser perfecta, pero dado que
está baseada en intelixencia artificial, canto maior sexa o seu uso, maior será
a súa precisión, de xeito que no futuro poderá ser de grande axuda para moitas
persoas, aÃnda que na actualidade xa podemos ter un atractivo avance do seu potencial
a través da nova aplicación para iPhone de Microsoft.
- A aplicación pode recoñecer aos nosos amigos e o seu estado de ánimo
- O recoñecemento de texto a través do móbil pode sacar ao usuario de máis dun apuro (o que pode resultar moi práctico tanto para invidentes como para persoas con problemas de visión)
VÃdeo de presentación da aplicación móbil Seeing AI de Microsoft