Millennials recunca cunha decena de cursos TIC para a mocidade pontevedresa
mércores, 18 de setembro do 2019
A
mocidade da provincia de Pontevedra que queira formación
tecnolóxico-dixital este mes de outubro, vaina ter nas súas máis
variadas manifestacións, grazas
ao proxecto formativo Millennials 2019 lanzado pola Deputación de
Pontevedra. A entidade anunciou esta semana que hai dez cursos
preparados, con prazo de inscrición aberto, para desenvolver ao
longo dos vindeiros dÃas en varias localidades da provincia. Todos
eles teñen o obxectivo común de mellorar a empregabilidade das
mozas e mozos con recursos avanzados de tecnoloxÃa. O prazo está
aberto até o venres 27. Abordaranse temas como o desenvolvemento de
apps, as claves da mercadotecnia en liña ou as posibilidades
da impresión 3D.
Entre
os cursos figura a nova edición dunha acción formativa en
Pontevedra e outra en Vigo que se levan desenvolvendo desde xullo,
pero que a Deputación decidiu repetir nunha nova convocatoria pola
súa gran demanda e acollida. Trátase dos obradoiros Marketing
dixital: estratexias SEO, SEM, redes sociais e análise de tráfico
web en Pontevedra e Creación de contidos dixitais
(videoxogos, imaxe e vÃdeo) en Vigo. As persoas interesadas xa
poden inscribirse nos correos electrónicos
cursoEOI.pontevedra@eoi.es e cooperacion@depo.es.
Os
oito cursos restantes impartiranse, ademais de en Pontevedra e Vigo,
en VilagarcÃa de Arousa e Ponteareas. AsÃ, en Pontevedra, ademais
do curso Marketing dixital: estratexias SEO, SEM, redes sociais e
análise de tráfico web están previstas as accións formativas
Creación e xestión de tendas en liña, cuxa duración
ascende a 316 horas; e Xestión de fidelización de
establecementos turÃsticos, de 166 horas.
Por
outra banda, Vigo acollerá outras catro accións formativas, alén
do curso Creación de contidos dixitais (videoxogos, imaxe e
vÃdeo). Son Deseño e prototipado rápido mediante impresión
3D e mecanizado, de 316 horas lectivas; Creación de
aplicacións móbiles (aplicacións para Android e IOS), tamén
de 316 horas; Organización e xestión de produción: Lean
Manufacturing 4.0, de 312 horas; e, por último, Xestión de
empresas turÃsticas. Deseño e desenvolvemento de produtos, de
166 horas. A totalidade destes cursos terá lugar na sede da
Deputación en Vigo.
En
VilagarcÃa de Arousa (Matosinhos) terá lugar a acción formativa
Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado,
mentres que o CDL de Ponteareas acollerá a acción formativa
Programación web con software libre. Web development bootcamp.
Ambos os dous cursos contan cun total de 316 horas de formación.
As
persoas interesadas nestes oito cursos poden
inscribirse a través da web da EOI e e obter información
adicional a través do enderezo electrónico coooperacion@depo.es ou
no teléfono 986 804 100 (extensións 40652 e 40267).