Mirror’s Edge Catalyst sae á venda esta semana para Xbox One, PS4 e PC
martes, 7 de xuño do 2016
No ano
2008 Electronic Arts conseguiu innovar co seu xogo Mirror’s Edge, xogo de plataformas en primeira persoa moi ben
valorado pola crÃtica, pero que non foi debidamente apoiado polo público,
posiblemente por tratarse dunha franquÃa totalmente nova e non moi
promocionada, e ao igual que aconteceu con Dead
Space (xogo ao que lle acontecera o mesmo, pero que finalmente converteuse
nunha saga de éxito) durante o E3 de 2013
confirmaran que querÃan dar unha nova oportunidade a Faith, corredora nun
futuro distópico, que en vez de volver nunha secuela preséntase nunha
reinterpretación da historia anterior en Mirror’s Edge Catalyst, tÃtulo hoxe
mesmo sae á venda nos EE.UU., e que a partires do xoves teremos en Europa para
Xbox One, PlayStation
4 e Origin
(PC), plataformas para as que xa pode reservarse.
Este novo xogo recupera as aventuras de Faith, valente corredora que loita pola
liberdade na cidade de Glass explorando todos os seus currunchos, dende os
tellados máis luminosos até os túneles máis escuros. Neste xogo de acción en
primeira persoa haberá que combinar áxiles movementos de parkour con técnicas avanzadas de combate para avanzar nunha
historia que levará a descubrir unha conspiración.
ConfÃase en que este xogo, desenvolvido co motor Frostbite, poida estar á
altura do xogo orixinal, pero aproveitando as prestacións das consolas de nova
xeración, ofrecendo asà unha experiencia única.
- Aparte de ser un xogo de plataformas en primeira persoa (proposta bastante atrevida), en Mirror’s Edge Catalyst tamén hai pequenos combates con mecánicas moi áxiles
Tráiler de lanzamento de Mirror’s Edge Catalyst