Mirror’s Edge chegará ao iPhone

venres, 4 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A división móbil de Electronics Arts anunciou o oficialmente que están a traballar nunha versión dun dos xogos revelación do pasado Nadal, Mirror’s Edge, para o iPhone e o iPod Touch, que pasará dunha perspectiva en primeira persoa a un modo de xogo en terceira persoa, máis acorde coas limitacións dos terminais táctiles de Apple.
O xogo sairá á venda en xaneiro, funcionará mediante desprazamento lateral, aínda que con gráficos tridimensionais, e a súa protagonista, Faith, contará cos movementos espectaculares que xa tiña na súa versión de consola doméstica, correndo, saltando e trepando muros por 14 niveis, no que promete ser un título moi dinámico e divertido.

PUBLICIDADE