Misfit Flash, unha nova pulseira deportiva que custará só 49,99 dólares

martes, 16 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Agora que están a emerxer os smartwatches, parece que os nosos pulsos non se van librar de vestir algún tipo de trebello electrónico no futuro, pero para caer ante esta tendencia non é preciso lanzarse a utilizar complexos dispositivos de elevado custo, senón que hai moitos que se conforman por apostar polas populares pulseiras cuantificadores ou monitorizadoras de actividade, entre as que destaca considerablemente a nova Misfit Flash, que chegará ao mercado a mediados de outubro a un prezo de só 49,99 dólares (38,56 euros).
Esta nova pulseira é somerxible até 30 metros, cómoda, con deseños deportivos en varias cores e cun alo de 12 LED que amosa o noso nivel de actividade diario. A Misfit Flash mide a actividade diaria e o sono (indicando a duración e a calidade do descanso); pode sincronizarse co smartphone (conta con aplicacións para iOS e Android, e en breve, tamén para Windows Phone) para poder ver os pasos que damos cada día, a distancia que percorremos e as calorías que queimamos; funciona cunha batería substituíble (CR2032) cunha autonomía de 6 meses; é apta para rexistrar unha ampla variedade de actividades deportivas (nadar, correr, andar en bicicleta, fútbol, baloncesto...); e non só pode levarse no pulso, senón que tamén pode separarse da súa correa para levala no peto, no calzado, nun calcetín... ou incluso coma colgante. Este curioso trebello mide 28,5 x 28,5 x 8 milímetros, pesa 6 gramos, integra un acelerómetro de 3 eixes e comunícase mediante Bluetooth.

Este novo accesorio pode levarse enriba con ou sen correa

PUBLICIDADE