Módem WiMAX USB de Motorola

mércores, 24 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A conectividade WiMAX aínda non está moi espallada por Europa (non así en países coma Corea do Sur) e ante os poucos equipos que inclúe de serie este tipo de tecnoloxía Motorola presento o módem USBw 100, que sae en 3 versións distintas (segundo a banda de conectividade WiMAX a través da que queiramos conectarnos) de xeito que servirían para achegar este tipo de redes a case calquera equipo.
O dispositivo está deseñando para o seu uso tanto en interior coma no exterior, aínda que o que resulta máis rechamante é que o seu tamaño sexa tan reducido coma unha memoria USB, de xeito que entendemos que esta tecnoloxía xa chegou a unha escala que podería axudar ao seu espallamento.

PUBLICIDADE