Modern Combat 4 chega a Windows Phone 8

mércores, 10 de abril do 2013 Marcus Fernández

Nas últimas semanas está ampliarse a pasos axigantados o catálogo de xogos para móbiles con Windows Phone 8, e unha das compañías que está a contribuír con maior pulo ao sistema operativo móbil de Microsoft, que achega hoxe por 6,49 euros o xogo de acción en primeira persoa Modern Combat 4: Zero Hour, con gráficos propios dunha consola de videoxogos doméstica, animacións realistas, obxectos dinámicos, grandes efectos visuais (é o primeiro título de Gameloft en empregar o motor Havok), numerosos escenarios (que levan o combate dende a Antártida ata Barcelona) e que permite empregar infinidade de armas, conta cun sistema de especialización con habilidades redeseñadas e, como non, permite xogar en rede con outros xogadores sen estar suxeito aos mecanismos de control paterno de Xbox LIVE, pois permite numerosas interaccións en liña: enviar e recibir invitacións de xogo, xogar cooperativamente ou cara a cara, enviar e recibir mensaxes de texto dentro do xogo e comunicarse a través do chat de voz no xogo.


Trailer do xogo

O xogo presenta uns gráficos detallados e con efectos xerados co motor Havok

PUBLICIDADE