Modern Warfare 2 sairá o 10 de novembro

venres, 27 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Call of Duty 4: Modern Warfare é posiblemente a entrega do xogo que mellor acollida tivo polo público, por deixar de lado á Segunda Guerra Mundial á que volveu Call of Duty 5, polo que non sorprende que Infinity Ward estea a desenvolver unha secuela que podería desprenderse na marca da súa franquía (Call of Duty) para centrase no seu propio título, de xeito que esta nova entrega respondería ao nome de Modern Warfare 2, e xa conta con data de lanzamento: o vindeiro 10 de novembro.
Desligar a saga de guerra moderna da Segunda Guerra Mundial podería ser todo un acerto, dando lugar a un spin-off, o que parede ser toda unha tendencia na actualidade na que vemos como da serie Halo tamén nace o xogo de estratexia Halo Wars.
Dende Activision non confirmaron nada ao respecto do abandono da marca Call of Duty, pero este paso tería moito sentido comercial, especialmente se pensamos nos usuarios, que distinguirían de xeito doado a época na que está ambientado o xogo, abrindo tamén a posibilidade á incorporación de innovacións que non terían por qué ser converxentes con outros xogos da saga (non esquezamos que Call of Duty 5 non comparte estudo de desenvolvemento con Call of Duty 4), así como un aumento na periodicidade de xogos desta saga (que poderían alternar anualmente entre unha e outra marca, ao depender de distintos equipos).


Teaser de Modern Warfare 2

PUBLICIDADE