Modern Warfare 3 terá versión para Wii

venres, 5 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Aínda que a saga de Call of Duty está orientada aos chamados xogadores hardcore, dende Activision non parecen querer deixar de lado aos usuarios con consolas máis casual, e veñen de anunciar que Call of Duty: Modern Warfare 3 vai gozar de versión para Wii, desenvolvida por Treyarch e que, aínda que non poderá competir graficamente coa versión de PC, PlayStation 3 e Xbox 360, pretenderá trasladar a súa experiencia de xogo, e non será un xogo totalmente distinto como aconteceu noutras ocasións nas que as versións para consolas de Nintendo deste tipo de xogos pouco tiña que ver coas súas irmás maiores.
Modern Warfare 3 tamén terá versión para Nintendo 3DS e PS Vita, aínda que resulta evidente que esta última versión farase esperar, posto que a nova portátil de Sony non vai chegar ás tendas a tempo para o Nadal. O resto de versións do xogo comercializaríanse a partires de novembro.

PUBLICIDADE