Monitor USB rotatorio de 7 polgadas

xoves, 2 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O pequeno monitor pode xirarse 90 graosOs monitores secundarios por USB poden resultar prácticos para reservar un espazo no escritorio para aplicacións de mensaxería instantánea, reprodutores multimedia, monitores de estado e diversidade de widgets, resultando interesante entre ente tipo de trebellos o Mimo Mini USB Monitor, que funciona tanto en Windows coma en Mac OS X (en equipos con procesador Intel) conectándose a un porto USB 2.0 (non precisando de alimentación externa) e presentando unha imaxe de 800 x 480 píxeles na súa pantalla de 7 polgadas rotativa, de xeito que opera tanto en vertical coma en apaisado, de xeito que pode adaptarse a multitude de contidos.
Desafortunadamente o seu prezo é un tanto elevado, e en Think Geek o teñen á venda por 129,99 dólares (92,36 euros).

O Mimo Mini USB Monitor non precisa de alimentación adicional

PUBLICIDADE