Monitores sen fíos de Asus

luns, 9 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Aproveitando o CeBIT, Asus amosou a súa nova familia de monitores LCD da serie EzLink, que fai uso da tecnoloxía USB sen fíos, de xeito que podemos empregalos coma monitores do ordenador que conte cun emisor USB, librándonos así do cable que une o ordenador coa pantalla (aínda que continúa a ser preciso enchufalo á corrente eléctrica, polo que non sería totalmente sen fíos).
Os novos monitores de Asus tamén destacan pola súa eficiencia enerxética, aforrando un 20% máis en consumo, á vez que o seu proceso de fabricación é baixo en mercurio para ser máis respectuoso con medio ambiente.

PUBLICIDADE