Mortal Kombat chegará ás consolas de alta definición en 2015

luns, 2 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Warner Bros. Interactive Entertainment anunciou hoxe o novo título de NetherRealm Studios, Mortal Kombat X, un xogo que ten previsto o seu lanzamento en 2015 para PlayStation 4, PlayStation 3, Xbox One, Xbox 360 e PC, e que amosarase ao público durante a feira E3, deixando polo momento un vídeo de adianto dando a entender que o título conservará a violencia que caracterizou á súa franquía, e que veuse bastante suavizada nalgúns dos xogos do mesmo estudio nos que involucraban a personaxes do Universo DC.
Estariamos na estrea da franquía Mortal Kombat nas consolas de nova xeración, máquinas cunha potencia que permitirán incrementar a intensidade deste xogo de loita que buscará introducir novidades que permitan manter o interese máis aló do seu nivel gráfico, como serían novos modos de xogo e novos personaxes dos que esperamos saber máis a semana que vén.
Desta volta Mortal Kombat X permitirá que os xogadores elixan personaxes dos que poderemos variar certas características que alterarán o seu estilo de loita, enriquecendo esta aventura con cinemáticas impresionantes e a posibilidade de competir nunha batalla global en liña pola supremacía.


Vídeo de presentación de Mortal Kombat X

PUBLICIDADE