Moto G9: un móbil moi completo a un prezo moi axustado
luns, 24 de agosto do 2020
AÃnda que Motorola xa non ten a presenza comercial doutros
tempos, a marca propiedade de Lenovo continúa a lanzar smartphones bastante
atractivos e equilibrados, sendo o seu vindeiro lanzamento o Moto G9, que estrearase
o 31 de agosto na India a un prezo de 11.499 rupias (131 euros), de xeito
que está ao alcance dun público moi amplo.
O Moto G9 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 662 e 4 GB de RAM, polo
que é dabondo para os usos máis habituais; o seu almacenamento de 64 GB pode ampliarse
mediante tarxetas de memoria microSD de até 512 GB; está equipado cunha
pantalla IPS HD+ de 6, polgadas cunha pestana superior para unha cámara frontal
de 8 MpÃxeles; na traseira confórmase cunha cámara tripla cun sensor principal
de 48 MpÃxeles que busca conseguir boas imaxes de 12 MpÃxeles agrupando os
pÃxeles de 4 en catro, á vez que tamén conta con modo de visión nocturna e unha
apertura de f/1.7; e na súa traseira ten lector de impresións dixitais
(agochado no logotipo de Motorola).
Como puntos a destacar deste móbil temos detalles como que conta con conector
para auriculares (algo cada vez menos frecuente), a súa xenerosÃsima baterÃa de
5.000 mAh (que promete autonomÃa para 2 dÃas) acepta carga rápida a 20 watts,
ten un botón especÃfico para invocar ao asistente de Google e, para sorpresa
nun smartphone deste prezo, tamén inclúe NFC para realizar pagamentos sen
contacto.
- O Moto G9 venderase en dúas cores distintas