Motorola presenta os seus novos receptores/gravadores de televisión por cable en alta definición
venres, 4 de xaneiro do 2008
O CES 2008 de Las Vegas permitirá botar un ollo ós novos set-top boxes de Motorola, a familia
DCX, inclúe soporte de vÃdeo en alta definición e capacidade de son envolvente,
o que permitirÃa achegar ós usuarios de televisión por cable unha grande
calidade audiovisual combinada con opcións avanzadas coma o time shift e a gravación.
Os
novos terminais DCX son compatibles tanto con compresión MPEG-2 coma con
MPEG-4 (AVC) de xeito que serÃan unha solución axeitada para a transición á
alta definición por parte de operadores de cable.
Os modelos que formarán esta nova serie de STB son o DCX3400 (con dobre
sintonizador, alta definición e capacidade de gravación), o DCX3200 (con só 1
sintonizador, e soporte de alta definición) e o DCX100 (con só 1 sintonizador,
soportando entradas de alta definición pero con saÃda en definición estándar).
Esta nova liña de receptores de televisión comezarán a distribuÃrse no terceiro
trimestre de 2008.