Motorola quere multiplicar as pantallas no fogar

martes, 14 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O Motorola Televation é un dispositivo que, en combinación cun router Wi-Fi, permite levar a televisión en directo a dispositivos conectados repartidos por todo o fogar, o que multiplica o número de pantallas nas que pode gozarse dun servizo de televisión por cable de pagamento (como o que R ofrece en Galicia), incrementando substancialmente o seu atractivo.
O Televation pode conectarse a un cable coaxial no que se recibe o sinal televisivo, e traduce os programas en tempo real de MPEG-2 a MPEG-4, adaptando a resolución adaptándoa a distintos dispositivos, de xeito que móbiles e tablets terían cadansúas versións axustadas aos seus tamaños de pantalla (Motorola publicará kits de desenvolvemento de software tanto para Android como para iOS). O dispositivo tamén conta cun conector Ethernet co que pode conectarse ao noso router Wi-Fi para repartir os contidos televisivos convertidos en IP por todo o domicilio.
Esta solución emprega tecnoloxía SecureMedia IPRM-HN para garantir que os dereitos dos contidos reproducidos non se vulneran (ou sexa, que os programas emitidos mediante streaming non poderían gravarse).
Sobra dicir que o Motorola XOOM será un dos primeiros dispositivos que se adaptará para funcionar en combinación co Televation, e incluso sería posible que se comercializasen de xeito conxunto para crear un produto coherente de grande atractivo (que chegaría ao público a través dos seus provedores de televisión por cable).

O Motorola Televation contribúen en levar a televisión por cable aos tablets

PUBLICIDADE