Movistar+ estrea a súa plataforma audiovisual OTT

martes, 4 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Telefónica anunciara hai algo máis dun mes que tiña previsto ofrecer os seus contidos audiovisuais até o momento exclusivos para clientes doutras compañías a través dunha plataforma Over-The-Top que custaría 8 euros/mes e que hoxe presentouse oficialmente como Movistar+ Lite, unha plataforma «accesible para todos, sen compromiso», que segundo detallou Sergio Oslé, presidente de Movistar+, estará dispoñible a través da aplicación móbil de Movistar+, vía web, televisores conectados e dispositivos HDMI e permitirá até 2 reproducións simultáneas e a posibilidade de gozar dun mes de proba do servizo.
O catálogo de Movistar+ Lite é bastante amplo e variado, con marcas como Broncano, NBA, Buenafuente, Rafa Nadal, Mario Casas, Liga Endesa, Wimbledon, la SuperBowl, Gigantes, Cristiano Ronaldo, Berto, The Good Fitght, Informe Robinson, Walking Dead, Ángel y Patricia, Mbappé, Arde Madrid, Indycar, Vis a Vis, Big Bang, Comedy Central News... que xa non quedarán limitadas a clientes dos paquetes televisivos de Movistar.
Esta plataforma audiovisual inclúe 8 canles en directo (#0, #Vamos, Movistar Series, Movistar Seriesmanía, Fox, TNT, Comedy Central e AMC) e contidos baixo demanda, estando xa dispoñible para a súa subscrición independente.

PUBLICIDADE