Movistar xa vende o modem Huawei E169

venres, 1 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Movistar vén de incorporar ao seu catálogo de modems USB 3G o modelo Huawei E169, que achega conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps de descarga e 386 Kbps de subida, que destaca con respecto a outros produtos semellantes en integrar un lector de tarxetas microSD, de xeito que operaría coma unha memoria USB á hora de acceder aos contidos almacenados na tarxeta de memoria.
O equipo funciona en Windows 2000/XP/Vista e Mac OS X e o seu prezo estará entre os 9 euros (coa Tarifa Plana Internet Premium) e os 59 euros (co Contrato Internet) para altas, migracións e portabilidades.

PUBLICIDADE