Mozos descendentes de galegos reciben formación nas TIC para favorecer o seu traballo e inserción en Galicia
venres, 14 de agosto do 2009
O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas, da SecretarÃa Xeral
da Emigración, Andrés Castro Bande, clausurou
en Vigo o II Proxecto TIC: Programa Formativo no campo das TecnoloxÃas da
Información e da Comunicación, organizado pola Fundación Galicia Emigración
e financiada pola Dirección General de la CiudadanÃa Española en el Exterior, e
que contou, ademais, coa presenza de Jorge Cebreiros Arce, como Presidente do
INEO, asociación multisectorial das novas tecnoloxÃas da información e da
comunicación de Galicia.
Este programa de formación iniciouse o pasado mes de xuño cunha primeira
etapa de selección e formación na que participaron 30 mozos emigrantes e
descendentes con estudos previos ou experiencia profesional neste ámbito. O II Proxecto TIC,
levouse a cabo paralelamente en Bos Aires e Montevideo proporcionando a
capacitación necesaria para «cubrir
futuras demandas de traballo nos postos de consultor analista informático e de
consultor programador nas empresas que forman parte da Fundación, asà como naquelas
que estean vinculadas directa ou indirectamente ás anteriores», precisou
Andrés Castro.
Os 15 alumnos que superaron con éxito esta primeira fase teórica (7 procedentes
de Uruguai e 8 de Arxentina) viñeron a Galicia para realizar prácticas laborais
non remuneradas en empresas do sector das TIC e que forman parte da Asociación
empresarial INEO. Para elo, a Fundación financiou aos participantes, ademais do
custe da realización da formación práctica en España, os gastos da viaxe,
aloxamento e manutención.