NBA Elite 11 incluirá unha copia descargable de NBA Jam
martes, 3 de agosto do 2010
O xogo de baloncesto NBA Jam destacou non seu dÃa por encarar
o xénero deportivo dun xeito orixinal, con partidos de 2 contra 2 con saltos
imposibles, mates estratosféricos e tapóns altÃsimos, levando o arcade a un
nivel extremo e que, pese a ser un tÃtulo case paródico, mantiña un nivel
gráfico excelente, especialmente nas súas entregas para máquinas recreativas e
agora, tras meses de rumores, anuncian que vai volver coma un xogo descargable
para PlayStation 3 e Xbox 360 que poderán
obter de balde os compradores de NBA
Elite 11 (nome que vai tomar a franquÃa NBA Live este ano), advertindo que non vai ser posible adquirilos
na PlayStation Network ou no Bazar de Xbox LIVE.
A nova versión de NBA Jam contará con
3 modos de xogo (partida rápida, campaña clásica e Online de ata 4 xogadores) e
gráficos en alta definición, aÃnda que tamén haberá unha entrega deste tÃtulo
para a Wii, que incluirá
un modo de xogo exclusivo chamado Remix Tour no que poderá xogarse contra
lendas da NBA coma Magic Johnson.