NHL 19 e Portal destacan nos Xogos con Gold de xuño
xoves, 30 de maio do 2019
Microsoft vén de anunciar a listaxe de xogos que os subscritores
Gold de Xbox LIVE poderán engadir á súa colección no mes de xuño, sendo unha
selección bastante discreta, que comeza co xogo deportivo NHL 19
(normalmente á venda por 69,99 euros), que permÃtenos goza dunha completa e
realista experiencia de hóckey na Xbox One, ao que acompañará o xogo indie de loita Rivals
of Aether a partires do dÃa 15.
No que se refire aos xogos para Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) en
xuño poderemos gozar do grande clásico Portal:
Still Alive, marabilla de Valve na que os xogadores teñen que romper as
leis da fÃsica empregando unha tecnoloxÃa de creación de portais para resolver quebracabezas e sobrevivir; e o shooter de acción Earth
Defense Force 2017 (pertencente a unha serie de tÃtulos de grande éxito no Xapón) pechará o mes.