Na Rede todo o que precisamos saber sobre a nova edición do Premio Manuel Beiras
venres, 3 de decembro do 2021
O
Concello
e a Cámara de Comercio de Santiago recuncan un ano máis co Premio
Manuel Beiras, que chega á súa 22 edición co obxectivo
renovado e fortalecido de distinguir o compromiso co galego das
empresas locais.
Neste
2021, as accións publicitarias dos premios xiran arredor do lema Ti
tes o poder e buscan resaltar a capacidade do público consumidor
para influír na escolla lingüística dos negocios, á vez que lles
explica a estes que elixindo galego están dándolles valor
estratéxico. Este xoves 2 de decembro a nova edición foi presentada
en rolda rolda de prensa polo o concelleiro de Políticas
Lingüísticas, Rubén Prol, e Xavier Freire Chico, membro da
dirección da Cámara de Comercio. O eixe que vertebra a campaña é
novamente a web premiosmanuelbeiras.gal,
onde podemos atopar as bases da convocatoria, información
complementaria, vídeos e un histórico dos premios durante estes
anos.
O
prazo para presentar candidaturas está aberto até o vindeiro 12 de
decembro.
A
proposta debe achegar información sobre a práctica lingüística da
empresa. Para facilitar a recollida desta información, as empresas
candidatas poden sumarse á iniciativa galegoempresas
que, ademais de incluír un autodiagnóstico, contribúe á súa
difusión pública. Na web atoparán unha guía para facilitar a
información que o xurado necesita.
A
convocatoria dese ano rematará co habitual acto de entrega dos
premios ás empresas que o xurado elixa. Está previsto para o 20 de
decembro no Teatro Principal, ás 20 h, espazo referencial da cidade
que "estreamos como escenario dos premios na convocatoria
aniversario”, sinalaron no acto de presentación. A gala estará
conducida polo actor, guionista e monologuista Federico Pérez.
Premio
Manuel Beiras
O
Concello de Santiago e a Cámara de Comercio manteñen desde o ano
2000 un acordo de colaboración para convocar cada ano os Premios
Manuel Beiras, dedicados a recoñecer e poñer en valor as empresas
que empregan habitualmente o galego na súa comunicación.
Ao
longo das edicións anteriores galardoáronse empresas dos máis
diversos sectores e tamén se recoñeceu a achega de persoas e
entidades que contribuíron dalgún xeito á normalización da lingua
no ámbito socioeconómico. Na edición 2019, os premios chegaron ao
Teatro Principal para celebrar o seu vixésimo aniversario cunha gala
onde se fixo memoria dunha xa asentada traxectoria.