Na vella canle de Ninja en Twitch aparecen vídeos pornográficos

luns, 12 de agosto do 2019 Marcus Fernández

O feito de que o streamer Ninja abandonase Twitch por Mixer está a xerar bastante rebumbio, pero non só porque en poucos días este xogador de Fortnite conseguise superar os 1,5 millóns de subscritores en Mixer, senón polo feito de que a súa canle pechada en Twitch protagonizou un desagradable incidente nas últimas horas, xa que a plataforma de vídeo aproveitaba o espazo deixado libre por Ninja para amosar publicidade doutras canles sobre Fortnite, entre as que coouse unha canle con contido pornográfico, o que provocou que o propio Ninja saíse á palestra a denunciar a situación, desculparse ante os 14,7 millóns de subscritores que ten en Twitch e anunciar logo que dende Twitch restauraron a súa conta a un estado normal, para non converterse nun espazo que Twitch empregasa exclusivamente para amosar contidos recomendados de terceiros.
O director xeral de Twitch, Emmett Shear, tivo que dar explicacións, asegurando que o acontecido non se trataba dunha acción dirixida especificamente a Ninja, senón que o sistema de recomendacións de contido de Twitch está presente en toda a súa plataforma. Sobre o contido pornográfico, confirma que viola as condicións do servizo, polo que cancelaron definitivamente a conta que o publicaba.

PUBLICIDADE