Nace RadioGalegaPodcast.gal
mércores, 20 de outubro do 2021
Dende a CRTVG están a estrear Radio Galega Podcast, un novo espazo
web no que recollen pezas sonoras para o seu consumo en liña, agrupados en
series que poden ser programas da Radio Galega ou seccións habituais dos
mesmos, facilitando asà a súa reprodución en liña vÃa web.
Os contidos distribúense baixo as categorÃas de Cultura, Igualdade, Humor,
Historia, Saúde, Música e Sociedade, e incluso facilitan o acceso aos mesmos a
través de listaxes de reprodución destacadas, nas que escolman episodios
facilitando asà a reprodución continua de contidos dunha temática determinada.
Aseguran que este espazo non se limitará a programas orixinais da Radio Galega,
senón que tamén acollerá
programas nativos dixitais, ou sexa, feitos directamente para o seu consumo
fóra da grella das emisoras convencionais do ente público.
Resulta un tanto rechamante que esta nova páxina web leve a palabra podcast
no seu tÃtulo, cando o seu funcionamento é máis próximo ao dun servizo de audio
baixo demanda coa opción de descargar os contidos.