Navegadores GPS de Sanyo con almacenamento SSD
martes, 26 de maio do 2009
Sanyo presentou 2 novos
navegadores GPS, o Gorilla NVA-GS1609FT e o Gorilla NVA-GS1409DT,
que contan cunha pantalla
táctil de 7 polgadas cunha resolución de 480 x 240 pÃxeles,
presentan unha interface na que representa os edificios en 3D e sorprende
especialmente por utilizar para almacenar os seus datos unidades SSD
de 16 e 8 Gb respectivamente.
Aparte, tamén integra reprodutor de DVD, funcionalidade de extracción de música
dende CD, radio FM, reprodución de música dende tarxetas SD e incluso
sintonización de televisión (aÃnda que polo momento só compatible cun estándar
nipón).
Polo momento non se coñece nin o prezo nin a data de lanzamento destes
navegadores no mercado europeo.