Need For Speed: Most Wanted terá versión de Wii U en 2013

luns, 29 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Este mércores chega ás tendas de videoxogos Need For Speed: Most Wanted, videoxogo de condución de Electronic Arts desenvolvido por Criterion Games que xunto con Forza Horizon promete ser un dos pratos fortes de cara á campaña de Nadal ao achegar aos afeccionados a este tipo de títulos salvaxes persecucións, coches incribles, manobras imposibles e unha grande cidade pola que competir contra outras condutores e fuxir das autoridades.
Pero este xogo non se vai limitar ás plataformas domésticas habituais, senón que tamén vai estar presente na PS Vita e para dispositivos con Android e iOS, faltándose para completar a súa oferta unha versión para Wii U que, segundo Electronic Arts, chegará finalmente en 2013, para atender á clara demanda deste tipo de xogos de acción ao volante.
Cómpre destacar que a versión para Xbox 360 do xogo aproveitará o noso sensor Kinect (se contamos con un) á vez que a versión para PlayStation 3 tamén será compatible co volante de PlayStation Move Racing Wheel.


Último trailer do xogo

O xogador deberá fuxir das autoridades en NFS: Most Wanted

PUBLICIDADE