Never Alone e Dragon Age II destacan entre os Xogos con Gold de decembro
martes, 27 de novembro do 2018
Microsoft
vén de desvelar a
selección de Xogos con Gold do mes de decembro, que chama bastante a
atención por combinar un par de xogos independentes para Xbox One (ambos de
grande calidade e aclamados pola crÃtica) xunto a un par de tÃtulos de consolas
anteriores dispoñibles grazas á retrocompatibilidade.
A partires do dÃa 1 de decembro será posible descargar o xogo de crebacabezas Q.U.B.E. 2,
que cunha perspectiva en primeira persoa métenos na pel dunha arqueóloga que
debe percorrer as ruÃnas dun antigo paraxe alienÃxena, no que manipular a
estrutura deste mundo esquecido grazas a unhas luvas especiais para asà atopar
un modo de saÃr do planeta. Este tÃtulo de Trapped Nerve Games é deste mesmo
ano, polo que de seguro que o agradecerán os seareiros deste tipo de xogos que
o deixasen pasar no seu momento.
A partires do 16 de decembro o tÃtulo de Xbox One que poderemos descargar é
toda unha xoia, Never
Alone (Kisima Ingitchuna), unha aventura inspirada
na tradición da comunidade de Alaska na que unha nena e un raposo atravesan
terras perigosas, enfrontándose ao xeo e aos seus riscos, atopando fantásticas
criaturas, visitando poboados perdidos e descubrindo misterios ocultos no mundo
que nos rodea. Unha historia de amor e amizade na que a unión permite superar
os obstáculos da Natureza, e que pode xogarse en solitario ou cun amigo en
local.
O xogo retrocompatible de Xbox 360 que chegará a partires do 1 de decembro é o
xa clásico Dragon Age
II, todo un referente dos xogos de rol, creado por BioWare, e unha das
grandes entregas desta franquÃa de éxito, que tivo a responsabilidade de suceder
a Dragon Age: Origins, para o que
optaron por introducir cambios para manter certa frescura, conseguindo un resultado
máis que digno, que fai que o tempo non tratase mal a esta produción.
Pero a grande sorpresa do mes será para moitos Mercenaries:
Playground of Destruction, xogo que chegará o 16 de decembro e que poderá
xogarse tanto en Xbox One como en Xbox 360 pese a que estamos ante un tÃtulo da
Xbox orixinal, ou sexa, que temos un xogo de disparos en terceira persoa que
tira proveito ao máximo da retrocompatibilidade até o punto de estar incluso
mellorado no caso de que o executemos nunha Xbox One X.
AÃnda que o interese por este último tÃtulo sexa discutible, demostrar que un
xogo da primeira Xbox pode executarse dignamente na última e máis potente
consola do mercado é toda unha declaración de intencións por parte de Microsoft,
que cada vez ten unha plataforma de xogos máis próxima ao xogador de PC
tradicional, o que, de manter a mesma liña, poderÃa valerlle grandes éxitos de
cara á vindeira xeracións de consolas.
VÃdeo promocional dos Xogos con Gold de decembro