New Super Mario Bros 2 chegará á 3DS en agosto
luns, 23 de abril do 2012
A pasada fin
de semana dende Europa puidemos ver unha nova
edición de Nintendo Direct, vÃdeo no que se resumen os lanzamentos que vai
achegar Nintendo ao Vello Continente durante os vindeiros meses, facendo que
moitos seareiros da marca nipona poidan
sorrir no verán, co regreso de grandes marcas
como Mario e Pokémon.
O principal anuncio foi a confirmación de que no mes de agosto teremos New Super Mario Bros 2 para Nintendo
3DS, que supón asà unha alternativa ao Super
Mario 3D Land que opta pola clásica mecánica 2D que tanto éxito acadou
tanto en Wii como en Nintendo DS, e que será un supervendas instantáneo de
seguir os pasos dos seus predecesores.
Pero Mario non se limitará a un tÃtulo, senón que o vindeiro 25 de maio tamén
estreará na 3DS o Mario Tennis Open,
que levará a Mario e aos seus amigos a competir na cancha de tenis, permitindo
dende o uso de Mii no xogo como a competición
multixogador en liña.
Tamén confirmaron que hoxe mesmo chega á Nintendo 3DS unha actualización de
balde do sistema que incorporará novas funcións como a posibilidade de
organizar os contidos en cartafoles no menú Home da consola e a posibilidade de
incorporar actualizacións (parches)
de xogos, de xeito que a mediados de maio chegará unha actualización para o Mario Kart 7 que retirará algúns atallos inxustos que aparecen no xogo en
liña, e que supón a aceptación de actualizacións de xogos para consolas de
videoxogos portátiles (algo moi habitual en equipos domésticos).
Nintendo tamén confirma que a través da Nintendo eShop vai ser posible descargar
este ano 2 novos tÃtulos de Pokémon: un shooter
controlado mediante o sensor de movemento da consola que levará os Pokémon ao
mundo real mediante as posibilidades de realidade aumentada da 3DS (e que tras
capturalos poderán transferirse a Pokémon
Edición Negra 2 e Pokémon Edición
Blanca 2 que sairán no outono); e un novo Pokédex que incluirá información
de todos e cada un dos Pokémon da historia da serie.
VÃdeo-resumo das novidades que achegará Nintendo a Europa nos vindeiros meses (con subtÃtulos en español)