New York Crimes estrea secuela

xoves, 17 de novembro do 2016 Marcus Fernández

O xogo español New York Crimes, coñecido internacionalmente como Yesterday, que fora recoñecido como Xogo do Ano en 2012 durante a celebración do Gamelab, demostrou que dende Péndulo Studios aínda conservan a súa pegada ao facer aventuras gráficas, e estes días están a lanzar a súa secuela, Yesterday Origins, que hoxe chegou á tenda dixital de Xbox One a un prezo de 39,99 euros, e que xa leva unha semana dispoñible para PC en Steam, tendo que ser inminente a súa chegada a PS4.
O xogo preséntanos aos inmortais John Yesterday e Pauline Petit, que vivirán unha aventura a través do tempo e o espazo, cunha completa narrativa chea de intriga e cambios inesperados na que os protagonistas están a buscar os elementos necesarios para reproducir o ritual alquímico que deu a inmortalidade a John 500 anos atrás, emendando o erro no mesmo que provocou que en cada resurrección perda completamente a memoria.

Tráiler de lanzamento de Yesterday Origins

PUBLICIDADE