Nikon presenta unha nova cámara con zoom óptico de 60x
luns, 10 de febreiro do 2014
Nikon non quere deixar sen competencia á LUMIX DMC-FZ70
de Panasonic, e anuncia
a súa nova cámara COOLPIX P600, que inclúe un obxectivo cun zoom óptico de
60 aumentos, conseguindo un certo equilibro entre un corpo de tamaño reducido e
un zoom de grande potencia, que grazas a un sensor CMOS retroiluminado de 16,1
MpÃxeles permite capturar imaxes de impresión incluso en condicións de pouca
luz.
O obxectivo NIKKOR desta nova cámara cubre un rango entre 24 e 1.440 milÃmetros
e dispón dun cristal Super ED para lograr unha calidade de imaxe excepcional; a
Nikon
COOLPIX P600 conta cunha grande pantalla LCD abatible e función de redución
de vibracións de desprazamento de lente avanzada (especialmente útil cando
facemos uso do seu impresionante zoom), conexión Wi-Fi para que sexa doado
enviar imaxes directamente a un smartphone ou tablet para poder compartilas
axilmente a través da Internet, modo de disparo continuo de ata 7 disparos por
segundo para poder capturar figuras en movemento, gravación de vÃdeo Full HD
ata a 60 imaxes por segundo (en entrelazado) e un prezo de
venda que a finais de mes nos EE.UU. será de 500 dólares (o prezo europeo
aÃnda non foi comunicado por Nikon).
A nova cámara vista en vÃdeo