Nimbus Data anuncia unha unidade SSD de 100 TB
martes, 20 de marzo do 2018
Mentres Samsung xa produce
en masa unidades SSD de 30,72 TB de capacidade, a compañÃa Nimbus Data
consegue collerlle a dianteira no que se refire a capacidade de almacenamento
nunha unidade SSD e anuncia
a súa ExaDrive DC100, a unidade SSD de maior capacidade producida até o momento,
capaz de gardar 100 TB de datos, á vez que tamén presume dun consumo enerxético
un 85% inferior por TB que outras unidades da competencia.
Este tipo de unidades buscan contribuÃr á adopción de unidades SSD para
infraestruturas na nube e outros sistemas informáticos que tanto precisan de
velocidade dos seus almacenamentos de datos como a posibilidade de gardar
grandes volumes de información.
Esta unidade chega en formato de 3,5 polgadas e con interface SATA, ou sexa,
que serÃa do mesmo tamaño que un disco duro dun ordenador de sobremesa, polo
que serÃa ideal para a súa integración en centos de plataformas de
almacenamento e servidor. O seu consumo serÃa de 0,1 watts por TB, conseguirÃa
100.000 operacións de lectura/escritura por segundo e poderÃa mover até 500 MB
por segundo, conseguindo boas velocidades tanto de escritura como de lectura, o
que converterÃa a esta unidade nunha boa solución para servizos na nube.
O fabricante asegura que estas novas unidades son fiables e seguras, garantindo
que aguantarán até 5 anos. O seu tempo entre fallos serÃa de 2,5 millóns de horas.