Ninja Blade chegará ás tendas o 3 de abril
xoves, 26 de febreiro do 2009
O xogo Ninja
Blade desenvolvido por From Software chegará
finalmente ás tendas españolas o 3 de abril, contado tamén cunha
versión de demostración descargable a través de Xbox LIVE a partir do 9 de
marzo, anunciándose que «ofrecerá unha
espectacular primeira ollada ao mundo de Ken Ogawa ao tempo que perfÃlase como
unha oportunidade de coñecer a historia e loitar contra unha horda de inimigos
antes do lanzamento oficial do xogo».
Este xogo presentouse
no E3 como un potencial grande éxito para 2009, aÃnda que sorprende
bastante a demora que está a ter o seu lanzamento europeo, posto que no
mercado asiático está dispoñible este tÃtulo nas tendas dende hai un par de
semanas, e sen protección de rexión, de xeito que é posible
adquirilo xa dende aquà a un prezo inferior do que custará nas tendas españolas
(en tendas en liña coma Play-Asia pódese
mercar por menos de 40 euros).
Amais, a existencia dunha versión internacional do xogo disparou a difusión do
mesmo a través da Internet, polo que este xogo exclusivo para Xbox 360 poderÃa
padecer as repercusións da piraterÃa
de xeito significativo.