Ninja Blade estreará demo o día 29

venres, 26 de decembro do 2008 Marcus Fernández

From Software confirmou que o vindeiro luns se poderá descargar no Xapón a demo de Ninja Blade, xogo desenvolvido por xente coma Keiji Nakaoka (Lost Planet: Extreme Condition) ou Norihito Hibino (da banda sonora de Metal Gear Solid), que busca ser un dos grandes éxitos para Xbox 360 en 2009, e que está protagonizado por un ninja que deberá salvar a cidade de Tokio dunha ameaza bacteriolóxica (un parasito que converte a persoas e animais en monstros).
A versión de demostración de Ninja Blade estará dispoñible polo momento só na versión nipona de Xbox LIVE, descoñecéndose a data na que chegará a Europa (aínda que é de agardar que sexa a primeiros de xaneiro) tanto a demo coma o xogo, tendo que conformarnos polo momento coa súa nova web.

PUBLICIDADE