Nintendo presenta un accesorio que mellora a precisión do Wiimando

martes, 15 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Nintendo decidiu reinventar o mando da Wii para a feira E3 que ten estes días en Los Angeles, e presentou un engadido para o Wiimando que mellora a percepción de movemento por percibir o movemento real no espazo tridimensional.
O Wii MotionPlus conéctase na parte inferior do Wiimando, e combinado co acelerómetro e a sensor bar da Wii permite un seguimento moito máis preciso, sendo capaz de determinar a posición e orientación do mando, permitindo a súa fiel reprodución en pantalla.

PUBLICIDADE