Nintendo venderá un micrófono omnidireccional para a Wii
xoves, 17 de xullo do 2008
Aparte do Wii MotionPlus (que
se venderá a partir da primavera de 2009 xunto co xogo Wii Sports Resort) o E3 tamén achega outra novidade para a Wii,
coma é o WiiSpeak,
que vén a ser un micrófono que se coloca sobre a sensor bar e funciona de xeito omnidireccional, ou sexa, que se
pode utilizar de xeito colectivo, o que permitirÃa efectuar conversas entre
varios usuarios fronte a distintas consolas xogando en rede. Este micrófono
terÃa unha alta sensibilidade e serÃa capaz de distinguir entre as distintas
voces e o ruÃdo de ambiente para achegar unha mellor calidade de son.
O WiiSpeak venderase xunto ao xogo Animal
Crossing: City Folk, descoñecéndose polo momento a data de lanzamento deste
novo produto.