No More Heroes III sae á venda para Nintendo Switch
venres, 27 de agosto do 2021
A nova entrega do hack and slash de Goichi Suda
protagonizado polo asasino profesional Travis Touchdown xa está aquÃ, e No
More Heroes III pode adquirirse para Nintendo Switch, recuperando asà a
Beam Katana nunha nova aventura na que haberá que salvar o mundo dos invasores
alienÃxenas.
O responsable da agresión intergaláctica é Jess-Baptiste VI, un mestre do crime
alcumado PrÃncipe FU, que para decidir o destino da Terra organiza a
Clasificación galáctica de superheroes, na que participan os asasinos máis mortÃferos
da galaxia, o que levará a Travis a ter que superar numerosos combates para
liderar a clasificación e salvar o planeta.
No xogo haberá que acabar un a un cos asasinos máis letais da galaxia en
batallas clasificatorias, empregando a Beam Kataka para abrirse paso a golpes
de espada entre os esbirros e malfeitores que se interpoñen no camiño, sendo os
grandes retos as batallas contra os distintos xefes finais, sendo preciso
empregar o enxeño para rematar con eles.
Estamos ante a cuarta entrega dunha saga que naceu en Wii, pero que actualmente
ten todos os seus tÃtulos publicados para Nintendo Switch, de xeito que quen
desexe completar as aventuras de Travis Touchdown pode achegarse tamén a No
More Heroes, No
More Heroes 2: Desperate Struggle e Travis
Strike Again: No More Heroes.
- No More Heroes III é un hack and slash que chega a Nintendo Switch para satisfacer ás demandas de acción dos seareiros de Goichi Suda