Nokia X2, o novo smartphone de Microsoft baseado en Android
mércores, 25 de xuño do 2014
A familia de
smartphones Nokia X, baseados en Android, pero sen estar baseada nos
servizos de Google, parecÃa un experimento que non Ãa sobrevivir tras a
absorción de Nokia por parte de Microsoft, pero vese que non vai ser asÃ, pois
esta gama de dispositivos continúa a medrar, e vai recibir en breve o Nokia X2,
un prometedor teléfono que terá
un prezo de 99 euros (antes de impostos), resultando moi atractivo como smartphone
de entrada.
O Nokia X2 funciona cun procesador Snapdragon 200 de dobre núcleo a 1,2 GHz e 1
Gb de RAM (superando aos seus predecesores), 4 Gb de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), presenta unha pantalla ClearBlack
de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, soporta dúas tarxetas
micro SIM, inclúe Bluetooth 4.0 e Wi-Fi N, a súa cámara traseira é de 5
MpÃxeles e inclúe flash LED, cámara secundaria
de 0,3 MpÃxeles, conta con receptor de radio FM, o seu grosor é de 11,1
milÃmetros e o seu peso chega aos 150 gramos, estando dispoñible en carcasas de
colores vivas (branco, negro, laranxa e verde). Un dispositivo bastante
completo que porallo difÃcil tanto aos móbiles con Windows Phone máis
económicos como a terminais como o Moto E.
O Nokia X2, en vez de optar por Gmail, Hangouts ou Google Drive, inclúe de
xeito predeterminado o correo electrónico de Outlook.com, a mensaxerÃa de Skype
e o almacenamento na nube de OneDrive (que agora inclúe 15 Gb de balde),
permite acceder ás aplicacións de Android máis populares como LINE, WeChat,
Facebook, Facebook Messenger... ás que haberÃa que engadir algunhas propias de
Nokia como HERE Maps e MixRadio, que supoñen un grande valor engadido
(especialmente por poder funcionar cando non temos acceso á Rede). Unha
interesante proposta que busca comprobar se é posible ter éxito con Android sen
someterse a Google.
- O novo smartphone chegará ao mercado en cores rechamantes
O Nokia X2 visto en vÃdeo