Nokia X2: un móbil barato con cámara de 5 Mpíxeles

xoves, 29 de abril do 2010 Marcus Fernández

Nokia anunciou na India un novo terminal da liña Xseries, o Nokia X2, que é un móbil con formato de pastilla, pantalla de 2,2 polgadas, 13 milímetros de grosor, 81 gramos de peso, altofalantes estéreo, teclas para a reprodución musical, recepción de radio FM, lector de tarxetas microSD de ata 16 Gb, Bluetooth 2.1, conectividade USB 2.0 e toma para auriculares estándar que aparte dunha orientación multimedia tamén conta con aplicacións orientadas ás redes sociais e unha máis que destacable cámara de 5 Mpíxeles capaz de gravar vídeo, o que é toda unha sorpresa para un terminal que venderase libre a partir de finais de xuño por só 85 euros.
O Nokia X2 tamén ten unha alta autonomía para a reprodución musical (ata 26 horas) e estará dispoñible en varias cores (negro e vermello ou prata e azul).

PUBLICIDADE