Nokia presenta 2 novos móbiles optimizados para o correo electrónico

luns, 16 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Nokia presentou hoxe os novos terminais E71 e E66, que permiten compartir imaxes e todo tipo de ficheiros a través da plataforma Share on Ovi e consultar Nokia Maps 2.0.
Na súa aparencia externa o Nokia 71 destaca polo seu teclado QWERTY, mentres que o E66 ten un teclado deslizante, estando previsto o seu prezo de cada terminal libre nuns 350 euros. Os novos terminais veñen preparados para acceder ao correo electrónico, incluso servido a través de Microsoft Exchange, permitindo tanto a consulta como a modificación de ficheiros adxuntos en formato Word, Excel, PowerPoint ou PDF directamente dende o móbil.
Estes novos móbiles Nokia Eseries teñen conectividade HSDPA/UMTS e Wi-Fi, contan con GPS asistindo (A-GPS) con Nokia Maps, reprodutor de música compatible con tarxetas de memoria de ata 8 Gb (inclúen de serie unha de 2 Gb) e unha cámara con enfoque automático de 3,2 Mpíxeles.
Estariamos así ante dous terminais con prestacións moi semellantes, pero cunha aparencia externa bastante distinta, que se adaptan tanto a un uso persoal coma profesional.

PUBLICIDADE