Nova PSP orientada ao público feminino

martes, 2 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A oferta de dispositivos electrónicos en novas cores pode contribuír a manter ás súas vendas, baza que xogan en moitas ocasións os fabricantes de consolas de videoxogos portátiles, e que desta volta achegan ao Xapón unha edición limitada dunha PSP-3000 nacida da colaboración de Sony coa deseñadora de moda norteamericana Jill Stuart, composta por unha consola portátil rosa, cunha tarxeta de memoria de 4 Gb, un pano e unha funda de transporte (estes 2 últimos complementos, obra de Jill Stuart).
Esta edición limitada poderase ver no Jill Stuart Cafe de Osaka e durante o festival de moda Tokyo Girls Collection que terá lugar en marzo, sorprendendo que non a lanzasen ao mercado antes do día de San Valentín.

PUBLICIDADE