Nova cámara de vídeo pensada publicar clips en YouTube

xoves, 11 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Victor, a filial de JVC, lanzou a cámara Everio GZ-MG840 que conta cunha capacidade de almacenamento de 60 Gb e que tamén pode gravar en tarxetas microSD e microSDHC, que se vende a 70.000 iens (574 euros) e que captura vídeo en MPEG-2 a 720 x 480 píxeles a través dun sensor CCD cun zoom óptico de 32x e unha pantalla LCD de 2,7 polgadas.
A cámara sería ideal para a captura de contidos para a súa publicación en servizos web coma YouTube (aínda que na actualidade están a volverse máis esixentes coa adopción masiva da alta definición) e tamén se vende nun modelo con 120 Gb de capacidade de disco por 75.000 iens (615 euros).

PUBLICIDADE