Nova cámara dual de peto de Sanyo con zoom óptico de 3x
venres, 20 de agosto do 2010
AÃnda que as
cámaras de vÃdeo compactas normalmente non destacan pola súa calidade de imaxe,
este factor vai corrixÃndose paulatinamente, e asà Sanyo anuncia a súa cámara dual (capaz de gravar vÃdeo e
tomar fotografÃas de calidade) VPC-PD2BK,
que cun tamaño semellante ao dun mazo de naipes é capaz de gravar vÃdeo en alta
definición (de 1.920 x 1.080 pÃxeles a 30 imaxes por segundo en formato MPEG-4
AVC/H.264) con son estéreo e tomar imaxes de 10 MpÃxeles, ao que hai que
engadir o feito de que inclúe
un zoom óptico de 3x, algo pouco habitual en dispositivos de tamaño tan
reducido e prezo económico (a cámara venderase a partir de setembro nos EE.UU.
por 169,99 dólares).
A cámara grava en tarxetas de memoria SD, SDHC e SDXC (de ata 64 Gb), conta con
saÃda de mini-HDMI para poder ver as nosas gravacións nun televisor de alta
definición, pantalla de 2 polgadas, e carga a súa baterÃa interna por USB (co
conector correspondente agochado no seu interior cando non o utilizamos).