Nova compacta de Casio que dispara 30 fotografías por segundo

luns, 21 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A cámara dixital Casio Exilim EX-ZR100 chega a España a un prezo de 300 euros e achegando unhas prestacións bastante avanzadas para unha cámara compacta, pois aparte de tomar imaxes de 12,1 Mpíxeles cun zoom óptico de 12,5x e tecnoloxía SR Zoom (que mediante a combinación de varias imaxes fixas é capaz de simular un zoom de 25x).
A EX-ZR100 tamén conta co motor de procesamento Exilim Engine HS, o seu modo HDR-Art permite elixir entre 3 niveis diferentes de procesamento de alto rango dinámico e é capaz de disparar ata 30 fotografías por segundo a 10 Mpíxeles (así como disparar fotografías de tal resolución á vez que grava vídeo en alta definición a 1.080p con enfoque automático e continuo).

PUBLICIDADE