Novas fundas para GPS de Port Designs

mércores, 29 de abril do 2009 Raquel Noya

Port Designs, o fabricante de solucións de transporte, protección e ergonomía para ordenadores portátiles, vén de dar un salto importante no deseño de fundas para outros dispositivos electrónicos, e agora, coa chegada inminente da ponte do 1 de maio na que moitas familias aproveitarán para facer unha escapada en coche e darlle uso aos seus GPS, inclúe no seu catálogo fundas para estes modernos e prácticos dispositivos.
En concreto, a firma vén de sacar á luz os modelos Lima, Oslo e Bilbao, unhas fundas aptas para transportar dispositivos de entre 3,5” e 4,7” (dependendo do modelo), que os protexen dos golpes e das inclemencias do tempo xa que, segundo afirman, “son factores que poden danalos de xeito irreversible”.
As fundas da marca están fabricadas en EVA (Ethyl Vinylo Acetato), un material moi lixeiro, semirríxido e de gran resistencia que protexe os GPS dunha maneira óptima.
Todas elas incorporan unha cremalleira e están dispoñibles en varias cores. Asemade, veñen cunha práctica correa extraíble e o seu interior está recuberto “a proba de rabuños”.
As novas fundas estarán dispoñibles a partir do vindeiro mes de maio nas tendas Mediamarkt, Saturn e Urende, e todas elas teñen unha garantía de 30 anos.

PUBLICIDADE