Novas memorias USB compactas de Verbatim

venres, 14 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Verbatim continúa a achegar ao mercado novas unidades de memoria USB, apostando agora polas compactas TUFF-‘N’-TINY que comercializan en capacidades de 2, 4 e 8 Gb por prezos de entre 12 e 35 dólares, e que só miden 30 x 13 x 1,5 milíletros, soportan po, auga e descargas de estática, son compatibles con calquera porto USB (cunha velocidade tal que permítelle facer uso da funcionalidade avanzada Windows ReadyBoost para Windows Vista e Windows 7), funcionan na meirande parte de sistemas operativos do mercado e incluso poden transportarse penduradas dun chaveiro ou dun móbil.
Estas pequenas memorias USB véndense en distintas cores (laranxa, verde e morado) e agárdase que en breve estean dispoñibles nas tendas europeas.

PUBLICIDADE