Artigos desta sección
A 17ª edición da LaconNetwork terá lugar o vindeiro venres en Carballo
Os emprendedores tecnolóxicos galegos interesados en relacionarse con outros profesionais do mesmo ámbito en Galicia están convidados a participar o vindeiro venres nunha nova edición da LaconNetwork, encontro gastronómico dos albaneis da nube que desta volta terá lugar ás 14:00 horas no Bar Museo O Pescador, sito na Gran Vía de Carballo (a carón do Mercado (...)
Ler máisA Casa da Xuventude de Ourense acolle este sábado a nova xuntanza de Trasno
Trasno, un dos colectivos que máis está a traballar polo afianzamento na nosa terra dunha Sociedade da Información accesíbel dende tódolos puntos de vista (económico, produtivo, a nivel de estándares, adaptábel ás necesidades particulares de cada quen), vai celebrar o vindeiro 28 de maio a súa seguinte xuntanza trasneira. A cita será en Ourense, na Casa da (...)
Ler máisMellora a cobertura de ADSL en Curtis e Teixeiro
Grazas ao Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia máis da metade da poboación do Concello de Curtis que carecía de acceso á Rede conta agora con cobertura da Internet, o que supón unha importante mellora dende o inicio do Plan, cando 3.300 veciños non contaban coa posibilidade de poder contratar conexións de Internet nas súas vivendas. As actuacións (...)
Ler máisChega á recta final o prazo de inscrición para o certame de Ideas Innovadoras da USC
A Universidade de Santiago, a través da iniciativa Uniemprende (dirixida a acurtar a distancia entre a idea de mercado abrollada nas Facultades e a súa materialización real), puxo en marcha a doce Edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras. Este certame, cuxo obxectivo de premiar á comunidade das tres universidades galegas polas súas contribucións (...)
Ler máisEn marcha a nova web a Asociación de Altas Capacidades de Galicia
A Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC) presentou esta fin de semana o seu novo portal, dirixido a informar polo miúdo dos seus obxectivos (dar apoio e impulso ás nenas e nenos can altas capacidades) nos novos escenarios dixitais, amais de contribuír a crear espazos de colaboración e traballo participativos. Na presentación da páxina web, que (...)
Ler máisA web e os móbiles facilitan o seguimento da xornada electoral do domingo
Este domingo celébranse en Galicia uns comicios municipais, e para poder facer un seguimento dos mesmos gustaríanos destacar que temos dispoñibles distintas ferramentas tecnolóxicas que facilitan enormemente a consulta dos resultados electorais e a comparación con anos anteriores. Por unha banda, os distintos medios de comunicación (La Voz de Galicia, El (...)
Ler máisAprobada a inclusión da banda ancha no servizo universal de telecomunicacións
O Consello de Ministros, co obxectivo de que toda a cidadanía “se beneficie canto antes” da inclusión da banda ancha no servizo universal de telecomunicacións, vén de aprobar, esta mesma mañá, o Real Decreto polo que modifica o Regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, a protección dos usuarios e o servizo (...)
Ler máisBoa acollida do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta (SILEX)
Seguindo a liña marcada polo Executivo galego para modernizar tódolos procesos administrativos que se leven a cabo coa cidadanía e coas empresas do país, a Consellaría de Facenda puxo en marcha recentemente o seu Sistema de Licitación Electrónica (SILEX), que nos primeiros días de funcionamento, xa foi empregado polo 20 por cento do total das ofertas (...)
Ler máisO IV Concerto das Telecomunicacións do COETG congregou a centos de persoas
O pasado 17 de maio, cando tódolos galegos e galegas tivemos ocasión de celebrar o Día das Letras Galegas da maneira que mellor nos acaeu, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) aproveitou que tamén se conmemoraba o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, para celebrar, un ano máis, o seu Concerto das (...)
Ler máisVindeira prepara a celebración da I Xornada Transferencia
A Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC, Vindeira, en colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, están a organizar de maneira conxunta a I Xornada Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT), que terá lugar o vindeiro martes, día 24 de maio, no CIS Deseño e Tecnoloxía en Ferrol. Este evento, que (...)
Ler máis0 | ... | 30550 | 30560 | 30570 | 30580 | 30590 | 30600 | 30610 | 30620 | 30630 | ... | 42320