Artigos desta sección
Netflix confirma o éxito do vídeo baixo demanda
O vídeo baixo demanda está a consolidarse nos EE.UU. grazas a servizos coma Netflix, que vén de anunciar os seus resultados para o primeiro trimestre do ano, período no que ingresaron 719 millóns de dólares (490 millóns de euros), o que supón un incremento do 46% e uns beneficios de 60,2 millóns de dólares (41,1 millóns de euros), o que confirma o éxito do seu (...)
Ler máisO CPETIG informará das múltiples oportunidades de negocio que xeran os móbiles
Cómpre que ollemos en fite ao noso móbil e que vexamos algo máis que un aparello para facer/recibir chamadas e para espertarnos pola mañá co ton de alarma. No caso de que teñamos coñecementos sobre programación e negocio dixital, os móbiles poden ser o eido de actividade polo que estabamos a agardar. Así o entende o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en (...)
Ler máisQue papel xoga Internet nas nosas vidas?
Internet é como esa parella a que nunca lle decimos o moito que a aprezamos malia que seriamos perdidiños se nos abandoara, ou ese fiel amigo que fai todo o habido e por haber por nós e só nos damos conta cando nos falta. É dicir, está aí, e usámola a cotío para case todo porén só aprezamos a súa utilidade cando nos falta. A rede de blogs Ocio Networks, cavilou (...)
Ler máisSatdata deu conta da súa tecnoloxía na feira Expo Seguridade México
A empresa galega Satdata, con sede principal na Coruña, participou a mediados do mes de abril nun encontro internacional sobre novas tendencias e tecnoloxías ao servizo da vixilancia e a seguridade. Estamos a falar da xuntanza Expo Seguridade México, unha das grandes citas mundiais de empresarios e profesionais do eido da protección persoal e laboral e que (...)
Ler máisA UNED aposta polo software libre para o desenvolvemento do e-Learning
A Universidade Nacional de Educación a Distancia, entidade que polas súas características ten que valerse das novas tecnoloxías para facer o máis eficaz posible a súa metodoloxía de ensino, vén de asinar un convenio de colaboración coa empresa OpenSistemas, compañía internacional especializada en solucións integrais baseadas en Open source e Linux, para mellorar (...)
Ler máisA Casa dos Poetas tira partido das redes sociais para achegarse á mocidade galega
A Fundación Curros Enríquez, con sede na Casa dos Poetas de Celanova, apuntouse nesta recta final de abril ás novas tendencias da comunicación que se impoñen: as que animan á participación directa de tódolos destinatarios dos datos que se emiten. De feito, podemos ver xa a presenza da entidade cultural nas redes sociais Twitter e Tuenti, que cómpre sumar á (...)
Ler máisO Cluster TIC Galicia celebra a creación do novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxica
Os responsables do Cluster TIC Galicia veñen de amosar publicamente a súa satisfacción polo anuncio feito recentemente por parte do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, de “habilitar un novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxica, cun ornamento de vinte millóns de euros”. Esta entidade, destinada a vertebrar o macro-sector (...)
Ler máisGradiant informa das posibilidades do seu traballo en visión artificial
O centro galego Gradiant, emprazado no Campus de Vigo, informou os pasados días dos seus progresos en materia de tecnoloxía para converter os aparellos móbiles nun importante complemento sensorial. En detalle, trátase dunha liña de investigación sobre o alicerce do sistema operativo para móbiles Android (moi afianzado hoxe en teléfonos intelixentes e tablets e (...)
Ler máisEGANET anuncia novos cursos formativos para os seus asociados
A asociación de empresas galegas dedicadas a desenvolver software e todo tipo de servizos TIC, EGANET, foi creada no ano 2000 para representar e defender os intereses destas entidades e profesionais que desenvolven a súa actividade empresarial no noso país, contribuíndo co seu gran de area a construir unha Galicia máis avanzada e acorde cos tempos. Con esta (...)
Ler máisO novo traballo musical de Ataque Escampe, en descarga libre
A banda galega Ataque Escampe, da que temos falado nesta web para dar conta do partido que lle adoita a tirar á Rede para as súas estreas discográficas, volve ás andadas en Internet cun feixe de novas cancións para agasallar aos seareiros presentes e futuros. Unha vez máis, queda claro que a liña de Ataque Escampe é unha liña positiva perante os recursos que (...)
Ler máis0 | ... | 30560 | 30570 | 30580 | 30590 | 30600 | 30610 | 30620 | 30630 | 30640 | ... | 42150