Artigos desta sección
300 millóns de euros para a Rede do futuro en Europa
A Comisión Europea está a centrar unha boa parte dos seus esforzos na consecución dunha Rede máis completa e universal, ferramenta de primeira orde para deixar atrás a crise de maneira definitiva. Para este efecto, vai destinar 300 millóns de euros para o desenvolvemento da plataforma Internet do Futuro, encamiñada a favorecer o medre de novos produtos, (...)
Ler máisO cambio de rumbo de Spotify cara ao modelo de pago dálle azos aos servizos alternativos
Para os que lle damos uso, o Spotify non é que sexa unha solución a tódalas nosas demandas musicais, pero tiña un par de cousas boas que non se podían de deixar de lado. A principal: contribúe a facer legal o ilegal. Ou sexa, que nos deixaba escoitar música gratis a cambio de cuñas de publicidade máis ou menos razoables que, imaxinamos, repercutirán (...)
Ler máisO Fiadeiro de tradución da USC saldouse con máis dunha ducia de localizacións ao galego
O software libre en galego benefícianos dende tódolos puntos de vista: porque é especialmente accesible para tódolos usuarios (nunha boa parte dos casos a un golpe de click e listo), porque é adaptable ás nosas necesidades particulares e porque contribúe a crear participación e fronte común arredor do coñecemento. A maiores, tamén axuda a normalizar a nosa lingua (...)
Ler máisGoogle estrea un servizo de busca de produtos e comparación de prezos
O servizo Google Shopping chega hoxe en beta a España123, facilitando aos usuarios atopar información sobre produtos, comparar os seus prezos e características e acceder á páxina web das tendas que os comercializan, de xeito que facilítase o encontro entre vendedores e consumidores a través dunha sinxela ferramenta á que podemos acceder dende o seu enderezo (...)
Ler máisIniciador Galicia celebra o seu 2º aniversario o vindeiro venres
Esta mañá no auditorio de EXPOCoruña tivo lugar a presentación do evento de celebración do 2º aniversario de Iniciador Galicia que terá lugar o vindeiro venres, asistindo ao acto os organizadores María Encinar e David Pombar, a directora xerente de EXPOCoruña, Ana Montes, e o concelleiro de Promoción Económica de A Coruña, Henrique Tello. Encinar e Pombar (...)
Ler máisAltadis emprega as TIC para localizar lugares habilitados para fumar
Para facilitar aos fumadores a localización de establecementos con zonas habilitadas para fumar nace Aquí Sí, un servizo que tira proveito do potencial da xeolocalización tanto dende o punto de vista do consumidor de tabaco coma dos hostaleiros, estando dispoñible a través dunha páxina web e tamén a través de aplicacións (...)
Ler máisA USC ofrece un servizo de apoio online para facer presentacións eficientes e de calidade
Hoxe en día son poucos os relatores e conferenciantes que non botan man de apoio audiovisual nas súas intevencións públicas para ilustrar o tema a tratar, porén aínda queda quen non sabe que existen ferramentas TIC o suficientemente boas e doadas de usar que convirten os relatorios mediocres en brillantes actuacións. Isto tamén hai que trasladalo ás aulas, (...)
Ler máisMiguel Ángel Davara amosa en Compostela a peza clave da eAdministración: a interoperabilidade
Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático, estivo este martes en Santiago, no marco das xornadas As Relacións da Empresa coa Administración Electrónica do CPEIG, para amosar o seu concepto propio de eAdministración ideal: un escenario dixital e comunicativo que sexa coma unha mesa con tres patas ou piares, firmes de abondo como para asegurar que (...)
Ler máisA CRTVG convoca os seus Premios de Publicidade, abranguendo Internet
Os medios, axencias e entidades promotoras do noso país que ao longo de 2010 publicaran algún traballo publicitario en radio, televisión ou Internet, teñen agora a oportunidade, da man do Consello Asesor da CRTVG de participar na XVIII edición dos Premios de Publicidade. Unha das condicións infranqueables deste galardón é que as pezas deben estar integramente (...)
Ler máisJuan Casares sinala que o futuro da USC pasa pola dixitalización total dos seus procesos académicos e económicos
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, interveu hoxe na apertura oficial das xornadas As relacións da Empresa coa Administración Electrónica, que está a organizar o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) na Facultade de Económicas de Compostela. O reitor aproveitou a oportunidade para facer un achegamento ao proceso (...)
Ler máis0 | ... | 30670 | 30680 | 30690 | 30700 | 30710 | 30720 | 30730 | 30740 | 30750 | ... | 42320