Artigos desta sección
Telepizza abre tenda virtual en Facebook
Telepizza inaugurou este martes unha tenda integrada en Facebook, iniciativa enmarcada no seu plan de desenvolvemento e innovación, que ten como obxectivo crear novas canles de comunicación e venda co cliente e aproveitar as vantaxes que ofrece, o comercio electrónico. Na actualidade, a cadea obtén a través da súa páxina web máis do 10% das vendas, unha (...)
Ler máisO operador móbil de Tuenti pasa a chamarse Tu
O Operador Móbil Virtual (OMV) de Tuenti/Movistar vén de anunciar o seu nome comercial, que será tan sinxelo coma Tu, apostando por unha marca sinxela que busca aproveitar a forza do movemento social que acadou Tuenti cos seus 9 millóns de usuarios. Tras o anuncio do nome do novo OMV de Movistar tamén aseguran que repartirán un maior número de invitacións (...)
Ler máisCreada unha central de reservas en liña para a Costa da Morte
Coa intención de promover o sector turístico das costas galegas alén das nosas fronteiras e convertelo no destino favorito para o turismo de todo o mundo nos vindeiros meses, a central hoteleira Hotelalia, que xa leva preto de 15 anos traballando na Costa da Morte, vén de crear a primeira Central de Reservas On line para esta zona, na que aplica “todos os (...)
Ler máisDygra presenta un certame en liña para profesionais das 3D
Os estudos galegos Dygra Films veñen de lanzar un certame con feitura 2.0. Máis polo miúdo, trátase de conseguir para os seus produtos algo semellante ao que conseguen determinadas plataformas dixitais participativas: ideas e talentos de fóra concorrendo cos propios. De feito, o concurso en liña que presenta Dygra permitiríalles aos animadores 3D incorporar (...)
Ler máisA muller de Santa Claus revélase na Rede por unha causa solidaria
“Mrs. Claus séntese máis sola que a unha e non quere pasar outra vez o Nadal sen o seu marido”. Esta é a mensaxe que lemos tódolos internautas ao entrar na web Sefeliz.org, na que a esposa de Papá Noel, cansa de pasar o Nadal sen o seu home, fai unha campaña para axudar ás persoas maiores que, coma ela, se senten solas nestas datas. Detrás desta campaña, que (...)
Ler máisBrión fai reconto das accións do seu Telecentro, que foi alén das 1.000 horas de formación
O Concello de Brión vén de facer reconto da actividade despregada dende o Telecentro de Comunicación ao que dá acubillo, punto de acceso e formación dixital que cumpre un ano de vida e que forma parte da Rede de Telecentros da Secretaría Xeral de Medios. Segundo informa o Goberno local de Brión, nos 12 meses pasados dende a súa posta en marcha, acolleu máis de (...)
Ler máisBoiro, recoñecida polo Goberno como Cidade da Ciencia e a Innovación
O concello galego de Boiro, situado en plena comarca coruñesa de Barbanza, vén de ser recoñecido polo Ministerio de Ciencia co título de Cidade da Ciencia e a Innovación. A distinción, que Boiro compartirá con outros 29 concellos do Estado, vai dirixida a pór de relevo o traballo despregado polo Goberno local a prol da busca de novos modelos de xestión de (...)
Ler máisXa hai finalistas para a gala dos premios EGANET que se celebra este mércores 22
A sétima edición dos Premios EGANET xa ten finalistas, segundo anunciou onte pola noite a asociación empresarial do mesmo nome, especialmente comprometida nos últimos tempos en pór a innovación galega onde lle corresponde: á fronte de tódalas cousas que nos poden sacar da crise. Segundo informou EGANET, tanto o número como a calidade das candidaturas presentadas (...)
Ler máisA economía e a prensa dixitais, avaliadas en detalle nas obras descargables da EOI
O noso paisano e compañeiro Fernando Garrido, da Escola de Organización Industrial, vén de achegarnos unha ollada ao labor divulgativo da dita entidade, moi envorcada nos últimos tempos en avaliar polo miúdo os novos vieiros da economía e en subministrar claves para movérmonos nun terreo, o dixital, que se fai cada día. Entre os froitos máis salientables figura (...)
Ler máisForte oposición na web á Lei Sinde
A posible aprobación pola porta de atrás da Lei de Economía Sustentable este martes, incluíndo no seu articulado a coñecida coma Lei Sinde, está a crear moito rebumbio na Rede, de xeito que moitos persoeiros e entidades están a incrementar as súas manifestacións públicas declarando a súa desconformidade ante unha regulación que consideran inxusta por ir «contra os (...)
Ler máis0 | ... | 31390 | 31400 | 31410 | 31420 | 31430 | 31440 | 31450 | 31460 | 31470 | ... | 42150