Artigos desta sección
O Clúster do Libro amosa en A Coruña como vender obras na Rede
O Clúster da Edición, Librarías e Comercialización de Galicia, coñecedor de que o futuro dos libros pasa por adaptarse aos formatos dixitais, e consecuentemente dar o chispo definitivo á Rede, vai celebrar, o vindeiro luns 29, unha xornada informativa destinada ás empresas do sector libreiro e editorial. O acto terá lugar na sede do Centro Cultural Caixa (...)
Ler máisPresentan a 10ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, foi o encargado de presentar a décima edición do Concurso de proxectos tecnolóxicos, patrocinado pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria. O concurso ten como finalidade sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a (...)
Ler máisO futuro do noso audiovisual, a debate na Feira das Industrias Culturais
A Feira das Industrias Culturais, un evento creado hai tres anos para dar conta das tendencias que se van marcando no eido cultural galego en calquera das súas vertentes, vai ser afrontada nesta edición pola Asociación Culturgal, que velará por asentar unhas liñas de traballo sólidas no noso panorama audiovisual e por darlle continuidade a este evento do que (...)
Ler máisO satélite KA-SAT podería abaratar e mellorar a oferta de banda larga na nosa terra
Se facemos caso das previsións do grupo francés Eutelsat, do ano que vén en adiante, o acceso á banda larga pola vía do satélite será máis rápido e máis barato. Isto será posible grazas ao envío ao espazo dun novo satélite, chamado KA-SAT, que estará voando sobre as nosas cabezas a partir do 20 de decembro e que se atopa neste intre na recta final do proceso de (...)
Ler máisMáis de 2.000 estudantes participan xa na feira de futuros investigadores de Tecnópole
Segundo as previsións de Tecnópole, organizadora da feira Galiciencia, máis de 2.000 estudantes de toda a nosa terra participan estes días no dito evento, unha xuntanza que se dirixe a suprimir os atrancos que separan a un investigador novo en potencia dun científico no sentido exacto do termo. A feira, que se celebra na sede da Tecnópole (San Cibrao das (...)
Ler máisGaliTempo leva ao iPhone a información meteorolóxica galega
Os usuarios dun iPhone ou iPod Touch que queiran consultar a información meteorolóxica de Galicia poden descargar de balde da App Store a nova aplicación GaliTempo, desenvolvida por Gonzalo Mateo Sixto e Adrián Moreno Peña, que recolle e presenta de xeito atractivo e cunha interface doada os datos dos servizos de Meteogalicia, facilitando a consulta por (...)
Ler máisXa hai gañadores do concurso fotográfico que Caixa Galicia desenvolveu no Facebook
A Obra Social de Caixa Galicia vén de dar a coñecer o nome do gañador do certame de fotografía medioambiental Este é o meu habitat. O concurso, que a entidade galega organizou e coordinou ao longo do mes de outubro no seu espazo de Facebook, recaeu nunha imaxe na que se amosa a un mimo limpando unha rúa. A fotografía, que foi a que máis votos obtivo dos (...)
Ler máisEmetel convoca a 15 concellos para buscar un meirande aforro público pola vía das TIC
A Administración Electrónica está a xerar tantas dúbidas coma expectativas, ou se cadra máis, mentres non se vexan claramente os resultados deste proceso de dixitalización da vida pública, a nivel estatal, autonómico ou local. Botar o máximo posible de luz sobre este punto, empregando para impulsar a mensaxe formatos de traballo propios das redes (networking), (...)
Ler máisCara B: nova web galega para levar á Rede o espírito dos fanzines
Se cadra, ningún tempo foi mellor ca este para levar á Rede o espírito e o modelo do fanzine, publicación sobre temáticas variadas (banda deseñada, música, etc) que apoia unha boa parte da súa forza no factor “colectividade arredor dun interese común”. A fin de contas, que é a Internet de hoxe, a que máis nos interesa, se non un conxunto innumerable de fanzines (...)
Ler máisGradiant achegou as novas tecnoloxías a toda a cidadanía
Tal e como apuntamos recentemente neste mesmo medio, aínda é moita a xente que, por medo ou por descoñecemento, non usa convenientemente os dispositivos electrónicos que ten nas súas casas, perdendo así a oportunidade de aproveitar unha tecnoloxía que ten ao seu alcance (como a telefonía móbil, a TDT, a Rede, un GPS...) e que lle sería de moita axuda en (...)
Ler máis0 | ... | 31740 | 31750 | 31760 | 31770 | 31780 | 31790 | 31800 | 31810 | 31820 | ... | 42340